Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
2527 lecturas
Listados para descargar e información para emendar as solicitudes.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 12 da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 100 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega, procédese á exposición dos :

Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas indicando neste último o motivo de exclusión.

As persoas provisionalmente excluídas dispoñerán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lle requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue a citada documentación, considerarase que o/a interesado/a desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas.

Data publicación páxina web: 19.06.2017

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE EMENDA: DO 20 AO 26 DE XUÑO DE 2017 (24:00 horas, horario de España) ambos os incluídos.

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2017 - Listados provisionais
Solicitudes admitidas Solicitudes excluídas
Descargar Descargar

 

Data de publicación: 
19.06.2017
Data fin de prazo: 
26.06.2017