Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
2307 lecturas
Información e acceso aos formularios para cumprimentar a solicitude.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
11.04.2017
Estado: 
Procedemento pechado

OBXECTO:
Ofertar aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilitades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que aporten estes/as galegos/as con formación universitaria.

CARACTERÍSTICAS

  • 100 bolsas de excelencia
  • Másteres ofertados polas Universidades de:
    -Vigo (campus: Vigo ou Ourense)
    -A Coruña (campus: A Coruña ou Ferrol)
    -Santiago de Compostela (campus: Santiago ou Lugo)
  • Áreas:
    -Artes e Humanidades
    -Ciencias
    -Ciencias da Saúde
    -Ciencias Sociais e Xurídicas
    -Enxeñaría e Arquitectura
  • Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
  • Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun máster mínimo 60 créditos modalidade presencial e que se imparta o Título Oficial de Máster para o que se realizou a matrícula.
  • Esta axuda é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público  para cursar os estudos de máster oficial.
  • Anualidades:
    -Máster 60 créditos: 2017/2018
    -Máster 90 créditos: 2017 / 2018 e 2018/2019
  • Período de desfrute e dotación e aboamento
Créditos ECTS Nº cursos Período desfrute Dotación Europa Aboamento Dotación Resto Países Aboamento
60 – 72 1 Setembro 2017 a xullo 2018 7.000 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.000€
7.650 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.650€

90 1,5

-Setembro 2017 a xullo 2018

-Setembro 2018 a febreiro 2019
10.500 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.000€

3ºprazo:3.500€
11.475 €

1ºprazo: 5.000€

2ºprazo: 2.650€

3ºprazo: 3.825€

 

  • O/a beneficiario/a deberá afrontar todos os gastos que lle xurdan  para poder realizar o máster.

BENEFICIARIOS/AS  E REQUISITOS

  • Acreditar os requisitos no momento de presentación da solicitude
  • Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grado, licenciado/a, enxeñeiro/a ou arquitecto/a ou outro expresamente declarado equivalente que obtiveran a titulación universitaria nos últimos 10 anos.
  • Residir no estranxeiro e estar en posesión da nacionalidade española
  • Ser emigrante nacido/a en Galicia ou que residira en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, así como os/as descendentes por consanguinidade dunha destas persoas e que naceran no estranxeiro.
  • No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
  • Realizar a solicitude de admisión nun ou varios másteres do Sistema Universitario Galego - SUG (ver Anexo I) e acreditar estar matriculado no curso 2017/2018

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder
 

Outra documentación para consultar:

Máis info:

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo II desta resolución, accesible na Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
  2. As persoas solicitantes residentes en Cuba e que así o desexen poderán dirixirse á Federación de Sociedades Galegas na Habana, na cal existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
31.05.2017