Beneficiarios/as, reservas e solicitudes denegadas do programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1769 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 15.3 da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 100 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior:

1.- Listado definitivo de persoas beneficiarias das bolsas (picar aquí para descargar)

  • Publicacion da Resolución do 5 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega (picar aquí para descargar)
  • Modificación da lista de persoas beneficiarias en relación ao Máster adxudicado a dúas persoas (picar aquí para descargar).
  • Publicación da Resolución do 11 de outubro de 2017 (DOG 23 de outubro de 2017) pola que se resolve a concesión de catro bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega, da listaxe dos candidatos de reserva (picar aquí para descargar).
  • Publicación da Resolución do 3 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a determinados bolseiros o período de disfrute das bolsas excelencia mocidade exterior iniciadas no ano 2017. Data de publicación: 14.09.2018. (picar aquí para descargar).

2.- Listado de candidatos/as de reserva ordenada polas puntuacións outorgadas, para o caso de que foran admitidos/as polas universidades correspondentes no seguinte prazo de matrícula e que deberán achegar o xustificante antes do 22 de setembro de 2017 e que figuran no Anexo II da Resolución do 5 de setembro (picar aquí para descargar).

3.- Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou non achegaron a documentación preceptiva, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da resolución do 5 de setembro (picar aquí para descargar).

Contra a Resolución do 5 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación no Diario Oficial de Galicia: 14.09.2017

Data de publicación: 
14.09.2017