Chegan as e os participantes nos cursos presenciais do programa ‘Escolas Abertas 2014’ de Emigración, que espallan Galicia por todo o mundo

Os alumnos e alumnas son nesta ocasión noventa cidadás e cidadáns residentes no exterior, que accederán a formación en diversas especialidades, para despois divulgala nas súas áreas de residencia habitual.

  • Imaxe da chegada esta mañá das e dos participantes do programa ‘Escolas Aberta 2014’ da Secretaría Xeral da Emigración ao aeroporto compostelán de Lavacolla
    Imaxe da chegada esta mañá das e dos participantes do programa ‘Escolas Aberta 2014’ da Secretaría Xeral da Emigración ao aeroporto compostelán de Lavacolla
  • Imaxe da chegada esta mañá das e dos participantes do programa ‘Escolas Aberta 2014’ da Secretaría Xeral da Emigración ao aeroporto compostelán de Lavacolla
    Imaxe da chegada esta mañá das e dos participantes do programa ‘Escolas Aberta 2014’ da Secretaría Xeral da Emigración ao aeroporto compostelán de Lavacolla
  • Imaxe da chegada esta mañá das e dos participantes do programa ‘Escolas Aberta 2014’ da Secretaría Xeral da Emigración ao aeroporto compostelán de Lavacolla
    Imaxe da chegada esta mañá das e dos participantes do programa ‘Escolas Aberta 2014’ da Secretaría Xeral da Emigración ao aeroporto compostelán de Lavacolla
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2014.

As e os participantes nos cursos presenciais do programa “Escolas Abertas 2014” da Secretaría Xeral da Emigración comezaron a chegar a Galicia, e mañá venres comezarán os obradoiros de formación de carácter presencial previstos nesta iniciativa, dirixida tanto ás comunidades galegas no exterior como a cidadáns e cidadás individuais residentes no estranxeiro.

Trátase dun programa que pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía de persoas que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Desta maneira, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva.

As e os alumnos deste programa son, á súa vez, formadores e formadoras nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega así á cidadanía da Galicia do Exterior. Coa instrución e mellora de habilidades das e dos participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nado, fóra da Galicia territorial.

Efecto multiplicador
Así, segundo os cálculos do departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, a formación que a través das e dos participantes nas distintas edicións anuais de Escolas Abertas espállase a decenas de milleiros de alumnas e alumnos polos centros e casas de Galicia no mundo, pois ata o momento se formaron directamente nas distintas edicións do programa máis 600 persoas.

O número de beneficiarias e beneficiarios na edición deste ano acada os 90, dos que 35 proceden de Arxentina, 9 de Uruguai, 11 de Cuba, 6 de Venezuela, 8 de Brasil, 6 doutros países americanos, 7 doutros países europeos distintos de España, e 8 doutras comunidades autónomas españolas distintas de Galicia.

Os cursos
Os cursos que se levan a cabo nesta edición de 2014 consisten en obradoiros de especialización das seguintes modalidades: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego.

Cómpre salientar que se trata de disciplinas que teñen unha ampla demanda nas entidades galegas no exterior, criterio básico seguido por Emigración para a convocatoria destes cursos. Tamén cabe destacar que este ano se continúa co curso de confección de traxe tradicional galego, debido a grade demanda que tivo o ano pasado.

En calquera caso, ademais dos coñecementos técnicos de cadanseu curso, o obxectivo que persegue a iniciativa de Emigración é que, mediante a súa experiencia persoal, as e os participantes adquiran tamén unha perspectiva real da Galicia actual e moderna, e así poidan transmitila en todos aqueles múltiplos puntos do planeta onde está sementada a Galeguidade a través dos centros e casas de Galicia.

1975 lecturas