Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Marzo2024O Arquivo de Galicia convida a reflexionar sobre a dobre condición de muller e migrante a través de 56 documentos audio O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Fillas de Galicia. Mulleres na emigración’, que analiza os roles de xénero a partir dos fondos da Casa de Galicia de Montevideo e a Asociación O Penedo de Barcelona. A mostra organízase con motivo do 8M, cita que conmemora tamén o Arquivo do Reino de Galicia co traballo ‘Mª del Milagro Rey Hombre. Galegas destacadas’. A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia, con motivo da celebración do Día... Máis información
-
06Marzo2024O Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo acolle a presentación dun libro sobre a experiencia dun pai e a súa filla percorrendo o Camiño de Santiago audio O Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega acolleu a presentación do libro Nuestro Camino a Santiago, un relato conmovedor dunha viaxe pai-filla a un dos destinos de peregrinación máis venerados do mundo, o Camiño de Santiago. Este evento foi presentado pola presidenta da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago (AUACS), destacando o forte vínculo cultural e espiritual que une a Galicia co Uruguai, e contou coa presenza de Elvira... Máis información
-
04Marzo2024A delegada da Xunta no Uruguai participa na Romaría do Hogar Español de Ancianos de Uruguai, piar da colectividade española nese país audio A Romaría do Hogar Español de Ancianos de Uruguai contou coa presenza da delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez, e das máis altas autoridades da Embaixada e o Consulado de España, para compartir un día cheo de música, gastronomía e danza, incluíndo a do grupo de danzas do Centro Gallego. Esta romaría non só serviu como unha ponte entre xeracións e culturas senón que tamén reafirmou o forte vínculo entre Galicia e Uruguai,... Máis información
-
02Marzo2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Rodeiro, Vilalba, Verín e Narón audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
01Marzo2024Emigración lembra que o prazo para solicitar as axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior remata o 5 de marzo audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra que destinou preto de 10 millóns de euros na pasada lexislatura ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o prazo para solicitar axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior remata o 5 de marzo. A nova liña de... Máis información
-
29Febreiro2024Emigración lembra que nos próximos días remata o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais audio Esta convocatoria conta con tres liñas: gastos de funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude e un terceiro de axudas para accións de especial relevancia. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que nos próximos días remata o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais. O... Máis información
-
28Febreiro2024Emigración lembra que o prazo de solicitude do programa Escolas Abertas segue aberto ata o 12 de marzo audio Este programa desenvolverase en Galicia do 6 ao 16 de xullo e ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais ou cociña galega. Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades... Máis información
-
24Febreiro2024A Xunta pon en valor o labor dos 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá e a súa contribución ao desenvolvemento do país audio O Goberno galego destaca a importancia de recoñecer o legado e esforzo destes traballadores que axudaron a executar unha infraestrutura singular que cambiou o transporte marítimo internacional, un feito pouco coñecido na comunidade galega. Ángeles Vázquez lembrou que moitos destes profesionais se asentaron en Panamá e formaron as súas familias no país, converténdose así nun exemplo máis da universalidade do pobo galego. A vicepresidenta segunda... Máis información
-
24Febreiro2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Pontevedra, Foz, Xinzo de Limia e Ribeira audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
23Febreiro2024A Xunta investirá case 46 M€ en formar máis de 2.000 persoas desocupadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025, nos que se prioriza ás e aos emigrantes retornados audio O Diario Oficial de Galicia publicou onte a convocatoria para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 39,1 millóns de euros), mentres que hoxe faino a de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns). No caso dos obradoiros duais, prevese beneficiar 1.820 persoas sen emprego a través da realización de 91 accións por parte de concellos ou doutras entidades. Canto aos programas para menores de 30 anos... Máis información
Páxinas |