Emigración lembra que o prazo para solicitar as axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior remata o 5 de marzo

A Secretaría Xeral da Emigración lembra que destinou preto de 10 millóns de euros na pasada lexislatura ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos.

As solicitudes poden presentarse ata o 5 de marzo
As solicitudes poden presentarse ata o 5 de marzo
Programas 2024 de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos dos centros galegos no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o prazo para solicitar axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior remata o 5 de marzo. A nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior contará cun crédito orzamentario de 635.000 euros e que se destinará á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións.

Pódense acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e difusión da cultura galega.

A convocatoria distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable e cultural, que inclúe aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa Administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación.

As entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total.

Desde a Secretaría Xeral da Emigración salientan a importancia de continuar apoiando e colaborando coas nosas entidades. Recordan o obxectivo de asegurar que teñan os recursos necesarios non só para o seu funcionamento, senón tamén para manter infraestruturas adecuadas que faciliten a mellor atención aos galegos e galegas residentes no estranxeiro.

A Secretaría Xeral da Emigración lembra que destinou preto de 10 millóns de euros nesta pasada lexislatura ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos.
 
Case 2.000 entidades e miles de persoas puideron beneficiarse desta axudas entre 2020-23.

Moitas das actividades desenvolvidas ao longo desta pasada lexislatura por parte dos centros galegos do exterior tiveron o Xacobeo como eixe central, co obxectivo de potenciar e promocionar o Camiño de Santiago entre os seus socios e socias, así como a poboación xeral dos seus países de residencia.

286 lecturas