O Arquivo de Galicia convida a reflexionar sobre a dobre condición de muller e migrante a través de 56 documentos

O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Fillas de Galicia. Mulleres na emigración’, que analiza os roles de xénero a partir dos fondos da Casa de Galicia de Montevideo e a Asociación O Penedo de Barcelona.

A mostra organízase con motivo do 8M, cita que conmemora tamén o Arquivo do Reino de Galicia co traballo ‘Mª del Milagro Rey Hombre. Galegas destacadas’.

  • A mostra poderá verse na Cidade da Cultura ata decembro
    A mostra poderá verse na Cidade da Cultura ata decembro

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024.

A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia, con motivo da celebración do Día Internacional de Muller, a exposición Fillas de Galicia. Mulleres na emigración, centrada na desigual participación que tiveron homes e mulleres nas asociacións galegas de emigrantes, tanto en América como en España.  

A mostra poderá verse na Cidade da Cultura ata decembro e está enmarcada na serie Mulleres Sobranceiras que cada ano se organiza con motivo do 8M. Para conmemorar esta cita anual, a Xunta de Galicia tamén organiza no Arquivo do Reino de Galicia a mostra Mª del Milagro Rey Hombre. Galegas destacadas, unha mostra virtual que destaca a figura desta muller, pioneira no ámbito da arquitectura galega.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou que a mostra que acolle a Cidade da Cultura “convida a reflexionar sobre a dobre condición de ser muller e migrante a través de 56 documentos, entre os que se atopan libros de actas e de firmas, fotografías, cartas, historias clínicas e solicitudes para beneficiarse do Programa Reencontros da Xunta de Galicia”. Todos eles, dixo, “son fondos que se doaron ao Arquivo de Galicia e que queremos poñer en valor coincidindo co Día Internacional da Muller”.

A meirande parte das pezas proceden de dúas asociacións: a Casa de Galicia de Montevideo, fundada en 1917, e a Asociación O Penedo, creada en Barcelona nos anos 80. Xunto a eles tamén se mostran historias clínicas do Hospital Psiquiátrico de Conxo e diferentes testemuños das relacións coas comunidades galegas levadas a cabo pola Administración autonómica.

Ao acto tamén asistiron a subdirectora xeral de Arquivos e Bibliotecas, Mª Carmen Calviño; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o equipo que coordina a exposición, María del Mar García Miraz,  Concepción García e Miguel López.

Primeira muller na directiva
A través da diversa documentación reunida nas seis vitrinas que compoñen o percorrido, móstrase como as sociedades formadas polas galegas e galegos na emigración eran controladas polos homes, mentres que as mulleres tiñan un papel secundario, normalmente agrupadas nas chamadas Comisión de Damas, como sucedía en Montevideo. Algunhas cartas agradecendo a colaboración delas nos roupeiros durante as festas, xunto con fotografías deles sentados á mesa, dan conta desta situación.

Entre o material conservado da Casa de Galicia en Montevideo destaca a foto da primeira muller que formou parte da directiva, Olga González, no ano 1967. Ademais, as fotografías e libros de firmas deixan constancia das actuacións de mulleres artistas, moi recoñecidas en América, nas súas celebracións. É o caso da soprano María Valverde ou da compañía de teatro de Maruxa Villanueva, a primeira en representar a obra Os vellos non deben de namorarse (Bos Aires, 1941).

A comisión de sanidade, coñecida por Quinta de Salud, foi un fito fundamental na asociación. Nela as mulleres participaron como traballadoras pero con importantes diferenzas salariais con respecto aos homes no desempeño da mesmas funcións. Así quedou reflectido na documentación que se expón.

Trátase dunha realidade que se deu en espazos e tempos distintos. Así, a exposición serve para comparar o que sucedeu en Montevideo e en Barcelona con setenta anos de diferenza.  E é que os documentos pertencentes á Asociación “O Penedo” Fogar Galego, creada en Barcelona, amosan os mesmos roles a pesar de estar presidida dende a súa fundación por unha muller, Iolanda Díaz Gallego.

A mostra tamén reflexiona sobre o papel destas sociedades de emigrantes na repatriación daquelas persoas con enfermidades cronificadas. Moitas mulleres diagnosticadas con problemas de saúde mental regresaron a Galicia, onde foron internadas en hospitais psquiátricos como o de Conxo. Destacan na mostra os expedientes de varias mulleres e cartas de familiares que se refiren ás distintas causas das súa doenza como “malos tratos”, “o clima” ou o “cambio de vida”.

Programa Reencontros da Xunta de Galicia
A mostra remata cunha referencia ao Programa Reencontros co que a Xunta financia a viaxe a Galicia de emigrantes con escasos recursos. Algunhas solicitudes para acceder ao programa teñen un grande compoñente sentimental.

225 lecturas