Requirimentos de emenda Escolas Abertas presenciais 2011

Listen to this page using ReadSpeaker
1857 lecturas
Anexo para descargar coas solicitudes que deben ser emendadas.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 17 DE FEBREIRO DE 2011 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECE E SE REGULA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS PRESENCIAIS 2011 DESTINADAS ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR.

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 17 de febreiro de 2011 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o Programa de escolas abertas presenciais ano 2011 destinadas ás comunidades galegas no exterior (D.O.G. nº 37, do 23/02/2011), e de acordo co establecido no artigo 4º das bases reguladoras da devandita resolución, requírese aos solicitantes que se relacionan no Anexo I para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.

De acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 72 39 e 981 95 71 62.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Anexo I con listado de solicitudes a emendar (picar aquí para descargar)

Data de publicación: 
12.04.2011
Data fin de prazo: 
26.04.2011
Convocatoria asociada: