Listados definitivos de admitidos/as e excluídos/as ao programa Escolas Abertas presenciais 2011

Listen to this page using ReadSpeaker
3761 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados definitivos de admitidos/as e excluídos/as ao programa Escolas Abertas 2011, destinado ás Comunidades Galegas no exterior, resolto mediante Resolución do Secretarío Xeral da Emigración de data 1 de xuño de 2011.

 

MODALIDADE ADMITIDOS/AS EXCLUÍDOS/AS
Asociacionismo e xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro Descargar Descargar
TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) Descargar Descargar
Canto e Pandeireta Descargar Descargar
Gaita Tradicional Galega. Nivel intermedio Descargar Descargar
Baile Tradicional Galego. Nivel intermedio Descargar Descargar
Gaita Tradicional Galega. Nivel avanzado Descargar Descargar
Baile Tradicional Galego. Nivel avanzado Descargar Descargar


Contra a Resolución do 1 de xuño de 2011, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Secretario Xeral da Emigración no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación nesta páxina web, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Publicación renuncias: Descargar

Data de publicación: 
06.06.2011
Convocatoria asociada: