Escolas Abertas presenciais 2011

Listen to this page using ReadSpeaker
1307 lecturas
Información e formularios de inscrición dos obradoiros de formación e especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo en Lugo.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 17 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o Programa de escolas abertas presenciais 2011 destinadas ás comunidades galegas no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
23.02.2011
Estado: 
Procedemento pechado

Modalidades

  • Obradoiros de formación de nivel intermedio:
    - Asociacionismo e xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro
    - TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación)
    - Gaita tradicional galega
    - Canto popular e pandeireta
    - Baile tradicional galego
  • Obradoiros de especialización de nivel avanzado:
    - Gaita tradicional galega
    - Baile tradicional galego

Destinatarios:

  • Obradoiros de formación de nivel intermedio: Menores de 35 anos
    - Entidades galegas do exterior (proporán a socios ou colaboradores)
    - Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade que acrediten un nivel suficiente de coñecemento (reservaranse 3 prazas para os obradoiros de gaita, baile, e canto e pandeireta).
  • Obradoiros de formación de nivel avanzado: Menores de 55 anos
    - Entidades galegas do exterior (proporán a responsables de impartir a docencia)
    - Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade que acrediten un nivel suficiente de coñecemento e responsables de impartir docencia (reservaranse 4 prazas para os obradoiros de gaita e baile).

Datas de realización: Do 19 ao 30 de xullo de 2011

Lugar de realización: Lugo

Prazo de presentación: Ata o 23 de marzo de 2011

Documentación:

  • Solicitude segundo modelo normalizado:
    - Anexo III: Persoas xurídicas (entidades galegas)
    - Anexo IV: Persoas físicas
  • Fotocopia do CIF ou equivalente da entidade solicitante ou DNI ou equivalente da persoa física solicitante.
  • Fotocopia do DNI ou equivalente dos candidatos propostos polas entidades.
  • Breve currículo de cada aspirante.
  • Gravación en vídeo dixital (para as modalidades de gaita, baile e canto e pandeireta).
  • Unha foto tamaño carné de cada aspirante.
  • Declaración do aspirante comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade (no caso de candidatos propostos polas entidades).
  • Certificación da entidade que acredite que as persoas propostas son socias ou colaboradoras dela (só para nivel intermedio)
  • Certificación que acredite que as persoas propostas ou as persoas solicitantes son responsables de impartir docencia (só para o nivel avanzado).
  • Declaración de axudas obtidas para a mesma actividade doutras administracións ou entes públicos ou privados (anexo V).
  • Declaración de non incorrer en prohibición para obter a condición de beneficiario (anexo VI).
  • Certificado de residencia fiscal, da entidade ou da persoa física solicitante, emitido polos organismos competentes (só solicitantes con residencia fiscal fóra do territorio español).
  • Declaración de estar ao corrente nas obrigas tributarias coa comunidade autónoma e estatais, así como coa Seguridade Social
  • Documentación que acredite a condición de galego ou descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade (só para os solicitantes como persoas físicas).
  • Documentación que acredite a residencia fora de Galicia (só para solicitantes como persoas físicas).

Documentación para descargar:

  • Formularios de solicitude (Anexos III  e IV), Declaración de axudas obtidas (Anexo V) e Declaración de non incorrer en prohibicións (Anexo VI) (picar aquí para descargar).
    Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.
  • Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar).

Información:

Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas
Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
Basquiños, 2 – 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Enderezo electrónico: entidadesgalegas@xunta.es
Tlfno:(+34 ) 981 547 239  //  981 957 162  //  981 957353
Fax: (+ 34) 981 957 399

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
23.03.2011