Escolas Abertas presenciais 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
4692 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2017 o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2017.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
03.04.2017
Estado: 
Procedemento pechado

Modalidades dos obradoiros

  • Gaita tradicional galega
  • Baile tradicional galego
  • Percusión tradicional galega
  • Canto popular e pandeireta
  • Confección de traxe tradicional galego
  • Formación de persoal directivo das entidades galegas do exterior.

Destinatarios/as

Persoal directivo e docente das Entidades galegas

  • Poderán ser beneficiarias as persoas que sexan docentes nas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade así como nas entidades recoñecidas pola normativa anterior á dita lei.
  • As persoas solicitantes deberán acompañar certificado de que as entidades nas que colaboran teñan constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade que soliciten, con actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos. Tamén no caso de que as entidades, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tiveran grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
  • Para solicitar o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá certificar ao/á solicitante que ten grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos.
  • As persoas solicitantes deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e responsables de impartir a docencia na modalidade solicitada, dentro da entidade solicitante.
  • A idade das persoas solicitantes do obradoiro de formación de persoal directivo deberá estar comprendida entre os 21 e os 31 anos.
  • As persoas solicitantes non poderán ter participado no Programa Escolas Abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose quedarán excluídos/as.
  • Para a modalidade de formación de personal directivo, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que pertenzan ás xuntas directivas das entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade como Comunidades Galegas, Centros colaboradores ou Federacións de Entidades, as entidades deberán certificar a pertenza da persoa solicitante á xunta directiva durante alomenos un ano con anterioridade a presentación da solicitude.

Persoas físicas que non exerzan docencia nas entidades galegas

  • Reservaranse un total de 4 prazas nos obradoiros de gaita, baile, percusión e canto popular e pandeireta, para a participación a nivel individual de aqueles/as cidadáns/ás galegos/as e os/as seus/súas descendentes ata o segundo grado de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten, así como un nivel suficiente de coñecemento para participar neles, segundo os criterios de valoración establecidos na resolución. 

Documentación

1.- Persoas físicas que exerzan docencia ou sexan persoal directivo das entidades galegas no exterior

1.1.-  Persoas físicas que exerzan docencia nas entidades galegas no exterior

  1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo I), no que deberán indicarse os obradoiros nos que se quere participar
  2. Fotocopia do  DNI ou equivalente das persoas que solicitan.
  3. Unha fotografía recente tamaño carné dos/as solicitantes.
  4. Fotocopia do NIF ou equivalente da entidade que certifica.
  5. Ficha da entidade colaboradora segundo anexo II
  6. Unha declaración da persoa solicitante comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade.
  7. Breve currículo da persoa solicitante con especial referencia aos coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do obradoiro.
  8. Para os obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e percusión, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.
  9. Certificación da entidade que acredite o número de alumnos/as que compoñen a escola ou grupo de baile, gaita ou canto e percusión co que conta a entidade galega solicitante (Anexo IV).
  10. No caso do obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá certificar que ten grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos (Anexo III)

 1.2.- Persoas físicas que sexan persoal directivo das entidades galegas

  1. Certificación de que a persoa solicitante leva pertencendo á xunta directiva da entidade durante o ano anterior á data da convocatoria que figura como anexo II.
  2. Acta na que apareza o seu nomeamento como membro da xunta directiva da entidade na que exerza as funcións directivas.
  3. A recollida nos apartados a), b), c) d) e f) do punto 1.1.      

2.- Persoas físicas que non exerzan docencia nas entidades galegas no exterior

  1. Solicitude segundo  o modelo normalizado (Anexo V), na que deberá indicarse os obradoiros nos que se quere participar.
  2. Fotocopia do DNI ou equivalente.
  3. Documentación xustificativa que acredite a  súa condición de galego/a ou descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
  4. Documentación que acredite a súa residencia fóra de Galicia.
  5. Certificado de inscrición no Rexistro de matrícula consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, no que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, de ser o caso.
  6. Unha fotografía recente tamaño carné.
  7. Documentación acreditativa de que a persoa solicitante imparte docencia na modalidade de obradoiro solicitado.
  8. Breve currículo artístico do/a aspirante: nivel de estudos musicais realizados, actuacións, número de alumnos/as aos/ás que imparte clases, gravacións...
  9. Para os obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e prcusión, una gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.

FORMULARIOS DE CUMPRIMENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Documentación para descargar:

Información:
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Servizo de Programas Socio-Asistenciais
Praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es
Tlfno.:(+34) 981 54 58 82 / 981 95 73 53
Fax: (+ 34) 981 54 72 95

Lugar de presentación da documentación:

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da persoa solicitante ou da entidade colaboradora.

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas paxinas web https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
03.05.2017