Listaxes de persoas seleccionadas para a participación no programa "Escolas Abertas", ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
2540 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes de solicitantes seleccionados/as do programa de axudas para a participación no programa "Escolas Abertas", (Resolución do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 65 do 03-04-2017).

De acordo co disposto no artigo 12, apartado tres da convocatoria publícase a relación definitiva de persoas seleccionadas para a participación no programa de Escolas Abertas 2017, por modalidades.

Por resolución do secretario xeral da Emigración do día 20 de xuño de 2017, de conformidade co recollido no artigo 3 da Resolución do 24 de marzo de 2017, acórdase non realizar o obradoiro de Persoal directivo por non acadar o número mínimo de 8 solicitudes.

As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as, de acordo con disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

 

ESCOLAS ABERTAS 2017 - LISTADO DE SELECCIONADOS/AS
MODALIDADE LISTADO
Baile tradicional galego Descargar
Canto popular e pandeireta Descargar
Confección de traxe tradicional galego Descargar
Gaita tradicional galega Descargar
Percusión tradicional galega Descargar

 

Nota: os listados de persoas seleccionadas para a participación no Programa de Escolas Abertas 2017 foron actualizadas o día 30/06/2016 trala emenda da documentación requirida a algúns/has solicitantes.

Data de publicación: 
20.06.2017
Convocatoria asociada: