Un dos castiñeiros máis vellos de España

A árbore que se alza en Rozavales (Manzaneda) ten máis de mil anos.
Un dos castiñeiros máis vellos de España

Necesítanse polo menos nove persoas adultas collidas das mans e cos brazos estendidos para abranguer os preto de catorce metros de perímetro do castiñeiro de Pombariños, situado na parroquia de San Martiño de Arriba, ao lado da aldea de Rozavales, en Manzaneda. Segundo os expertos, hai máis de mil anos que está no lugar, polo que é un dos castiñeiros máis vellos de España. Está situado nun terreo que, dende 1995, é Monumento Natural, e onde se alzan cincuenta destas árbores, todas con varios séculos ás súas costas. Unha das mellores formas de achegarse ao castiñeiro de Pombariños é dende o pobo de Manzaneda, do que sobe un sendeiro curto e inesquecible ata o mesmo lugar.

Segundo testemuño de antigos propietarios do castiñeiro, nun ano de boa colleita a produción de castañas desta magna árbore chegaba a superar os 700 quilos (é preciso recordar que a metade da produción de castaña que se comercializa en España procede de castañales galegos).

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

2225 lecturas