«Sinbad», de Álvaro Cunqueiro, terá unha versión cinematográfica

Este ano celébranse o centenario do escritor e os 50 anos do lanzamento do libro.

Listen to this page using ReadSpeaker
3 de maio de 2011.

A obra clásica do escritor galego Álvaro Cunqueiro, Sinbad, terá unha versión para cinema que se estreará no outono. Este ano celébrase o centenario do autor e os 50 anos do libro.

O director Antón Dobao será o encargado desta adaptación á gran pantalla. A historia terá algunhas partes realizadas a través de animacións e efectos especiais que serven para evocar este mundo de Cunqueiro no que o real e o fantasioso están moi próximos. Os debuxos estarán a cargo de David Rubín.

Esta é unha obra máis da xa longa lista de novelas galegas adaptadas ao cinema ou á televisión dentro do proxecto Un mundo de historias, coordinado por Dobao.

Con todo, non é a primeira vez que esta obra de Cunqueiro traspasa os límites do papel. En 1999, o Centro Dramático Galego levou aos escenarios unha adaptación do libro que ten un nexo común con esta versión que se rodará nos próximos meses. O protagonista, en ambos os casos, é o actor Xosé Manuel Olveira. Tamén formarán parte do reparto actores como Laura Ponte, María Tasende, César Cambeiro ou Angel Egido, que interpretará a Cunqueiro.

1266 lecturas