O Carballo de Conxo, un dos emblemas da historia contemporánea de Galicia, postúlase como Árbore Europea do 2022
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2021.
O organismo europeo Bosques sen Fronteiras está a promover o concurso para elixir a Árbore Europea 2022, nomeamento ao que se postula o Carballo de Conxo, un elemento vexetal sobranceiro de Santiago de Compostela que conta con máis de 260 anos de antigüidade e que se atopa situado ao sur da capital galega.
A carón desta árbore centenaria paseou no seu día a propia Rosalía de Castro, sendo así un dos emblemas da historia contemporánea de Galicia, e agora toda a colectividade galega do exterior está convidada a apoiar esta candidatura a través da ligazón: https://arboleuropeo.es/votaciones-arbol-del-ano-en-espana-2022/. O Carballo de Conxo é o único candidato galego a este premio.
Novas relacionadas