Miranda participa na celebración galega anual de Nuremberg, cidade na que iniciaron o proceso de unión dúas comunidades galegas

Trátase da primeira iniciativa deste tipo que frutifica en Europa, trala culminada en maio por quince entidades de Cataluña, estando en proceso iniciativas similares en Arxentina e Cuba.

O secretario xeral da Emigración tivo igualmente oportunidade de entrevistarse con representantes de entidades galegas doutras localidades, e mañá domingo visita Múnic.

  • Malia a chuvia, moitos e moitas dos integrantes da nosa diáspora na cidade bávara reuníronse nesta tradicional celebración anual
    Malia a chuvia, moitos e moitas dos integrantes da nosa diáspora na cidade bávara reuníronse nesta tradicional celebración anual

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2013.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de participar na celebración anual das comunidades galegas en Nuremberg, á que acoden en torno a 2.000 persoas. Trátase da localidade alemá na que recentemente decidiron unirse as dúas entidades galegas existentes, e a única de toda Alemaña na que se daba esta circunstancia.

Coa súa presenza neste acto de especial relevancia neste ano, o secretario xeral simbolizaba o apoio do Goberno galego ao proceso polo cal a Galeguidade terá, a partir de agora, un único referente nunha cidade na que a colonia galega ten un peso específico importante, e goza dunha merecida boa sona.

As dúas entidades en proceso de unión son o Centro Galego de Nuremberg, presidido por Gerardo Arias, e mailo Círculo da Cultura Galega e Cabaleiros de Santiago, que encabeza Ramiro Vieito, quen tamén preside a Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.

A unión fai a forza
Este proceso de unión segue a estela da iniciativa culminada este mesmo mes de maio por quince entidades galegas con presenza en Cataluña nun acto, en Barcelona, no que participou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Tratábase da primeira unión efectiva de centros e casas de Galicia nos últimos trinta anos, pero agárdase que ao longo dos vindeiros meses poidan culminarse outros procesos similares, como neste caso en Nuremberg, así como en Arxentina ou Cuba, entre outros lugares con importante presenza da diáspora galega.

Con estes procesos de unión, conséguense organizacións na diáspora máis fortes, que poidan garantir mellor a continuidade dos servizos aos socios e socias, e que dean pasos para facilitar o relevo xeracional e a modernización, a integración plena da muller e da xuventude nas directivas, e que perduren no tempo como referentes para aqueles e aquelas que decidan iniciar ou consolidar o seu desenvolvemento profesional fóra da Galicia territorial.

Antes de participar na celebración anual da colectividade galega, Miranda tivo oportunidade de entrevistarse, tamén en Nuremberg, con persoas membros da diáspora noutras cidades alemás. Ademais, o secretario xeral cursará visita mañá domingo ao Centro Galego de Múnic, que preside Perfecto González.

Con estes contactos, o máximo responsable de Emigración da Xunta achégase a coñecer de primeira man as necesidades dos centros galegos nos países con relevante presenza de cidadás e cidadáns galegos, e tamén quere facer partícipe ás comunidades galegas do Exterior no labor de informar aos mozos e mozas que deciden poñer rumbo a estes países sobre os requisitos de entrada e permanencia, e na posibilidade de axudalas e axudalos nas dificultades e atrancos cotiáns que poden atopar, especialmente nas primeiras semanas.

Galicia en Alemaña
En Alemaña residen case 15.900 galegas e galegos, o que supón un 3’4 % do global de residentes en países do estranxeiro, segundo os datos do PERE (Padrón Español de Residentes no Exterior). Con esta cifra, Alemaña configúrase como o oitavo país do mundo, segundo en Europa, con maior número de persoas galegas.

1693 lecturas