Miranda felicita ao director da Banda de Gaitas da Irmandade do Centro de Bolos Valle Miñor de Uruguai polos 20 anos de traxectoria difundindo a música galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co director da banda de gaitas do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor de Uruguai, Vicente Carlos González Siri, a quen trasladou a felicitación da Xunta de Galicia á entidade galega pola creación desta agrupación que acaba de cumprir 20 anos de traxectoria difundindo a música galega non só entre a colectividade, senón tamén entre a propia cidadanía, en colaboración co resto de centros galegos que funcionan no Uruguai.

No marco desta celebración, tal e como anunciou Vicente Carlos González ao responsable da Secretaría Xeral da Emigración, destaca o concerto que esta banda de gaitas ofrecerá o próximo 22 de este mes na Sala Nelly Goitiño del Sobre de Montevideo na que estarán acompañados por outros músicos relevantes do escenario musical galego.

300 lecturas