A Banda de gaitas Irmandade de Montevideo une os sons da gaita no Uruguai e en Galicia a través dun concerto a dúo co gaiteiro moañés Anxo Lorenzo
Montevideo (Uruguai), 28 de outubro de 2023.
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a gala de celebración dos 20 anos da Banda de gaitas Irmandade que se celebrou na sala Nelly Goitiño do SODRE e que permitiu unir os sons da gaita neste país e en Galicia, a través dun concerto no que o gaiteiro Anxo Lorenzo, ademáis de tocar con outros artistas, tamén ofreceu composicións en solitario.
O espectáculo, que foi todo un éxito, permitiu escoitar os sons galegos de Anxo Lorenzo e do director de Irmandade, Carlos González, xunto á arpa de Ana Clara Radice e a percusión da nena más nova da banda, Delfina González. Tamén estiveron presentes representantes doutros grupos das entidades galegas e do Centro Asturiano-Casa de Asturias.
Novas relacionadas