Galicia e o Estado de México asinan un acordo para estimular, expandir e fortalecer a cooperación económica e comercial

O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza. 

O texto prevé a realización de accións conxuntas que poñan en contacto empresas, emprendedoras e emprendedores e institucións, de ambos os territorios en áreas de interese común, así como a exploración de oportunidades en sectores clave para ambos.

México e Galicia traballarán para levar a cabo iniciativas como a organización de misións comerciais de empresariado, feiras, seminarios ou cursos de formación.

O Estado de México e Galicia contan coas súas respectivas estratexias para a internacionalización dos seus tecidos produtivos: Plan de desenvolvemento do Estado de México 2017-2023 e a Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020.

  • O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza
    O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza
  • O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza
    O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza
  • O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza
    O presidente da Xunta reuniuse esta tarde co gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza
Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de México, 3 de maio de 2018.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o gobernador do Estado de México, Alfredo del Mazo Maza, asinaron esta tarde un acordo para estimular, expandir e fortalecer a cooperación económica e comercial entre os dous territorios.

Ao respecto, o documento prevé a realización de accións conxuntas de colaboración que poñan en contacto empresas, emprendedoras e emprendedores e institucións, de ambos os territorios en áreas de interese común, así como a exploración de oportunidades de investimento en sectores claves para os dous como: o agroalimentario, o téxtil, a automoción, as TIC, as enerxías renovables ou o Turismo.

Neste contexto, o Estado de México e Galicia traballarán conxuntamente para levar a cabo iniciativas como, por exemplo, a organización de misións comerciais de empresariado, feiras, exposicións, seminarios ou cursos de formación. Ademais da identificación de posibles áreas de actividade conxunta en terceiros mercados, analizando proxectos de interese recíproco.

Estratexias globais para a internacionalización dos tecidos produtivos
O documento recolle tamén aos plans que están a desenvolver ambos os gobernos para facilitar a internacionalización dos seus tecidos produtivos. Por unha banda, a Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020, que inclúe entre os seus obxectivos un aumento de empresas de base exportadora, o afondamento na diversificación de destinos, a consolidación de cota nos mercados maduros e o apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro. Consolidar a internacionalización das pemes e os seus produtos e servizos.

Pola súa banda, o Plan de desenvolvemento do Estado de México 2017-2023 concentra tamén as estratexias da axenda do Goberno estatal, de cara a consolidación dun estado competitivo, produtivo e innovador, xerador de emprego e de oportunidades laborais que redunden no crecemento.

O titular do Goberno galego rematará a xornada de hoxe cunha reunión co presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Enrique Peña Nieto, na súa residencia oficial de Los Pinos. 

  • Audio coas declaracións do presidente da Xunta: picar aquí
375 lecturas