A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno

O documento quere estender a recuperación económica da comunidade a aqueles que viven no estranxeiro, intensificando a atención aos maiores, especialmente nos países que atravesan unha situación de inestabilidade

Integrado por 102 medidas, busca reforzar as entidades a través da súa actualización tecnolóxica e potenciando o papel protagonista da mocidade

O Goberno galego destinará a estas medidas máis de 26 millóns de euros

  • A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
    A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
  • A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
    A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
  • A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
    A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
  • A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
    A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno
Listen to this page using ReadSpeaker
12 de xullo de 2018.

A Xunta de Galicia acaba de aprobar a “Estratexia Emigración 2020”, elaborada pola Secretaría Xeral da Emigración e integrada por 102 medidas que, xunto á Estratexia Retorna 2020, marcan a actuación integral do Goberno galego para os vindeiros tres anos. O obxectivo deste documento é transformar a responsabilidade que Galicia ten cos galegos do exterior nunha oportunidade de regreso á comunidade. A principal ferramenta coa que conta o Goberno galego para acadar este fin, que pode xogar un papel clave para superar o reto demográfico de Galicia, son os propios vínculos que tanto os emigrantes galegos como os seus descendentes manteñen desde hai décadas coa súa terra de orixe.

Reforzar esta relación co máis de medio millón de galegos que viven no estranxeiro, unha cifra que medra cada día malia a diminución do número de emigrantes grazas aos seus descendentes, e que xa supón hoxe que un de cada seis galegos vive fóra das nosas fronteiras, é fundamental para colocar Galicia nun lugar privilexiado á hora de incrementar as cifras de retorno. Así o demostran os datos de 2017, que reflicten un aumento do saldo migratorio, que se multiplicou por 2,2 en apenas un ano.

A Estratexia Emigración 2020 conta cun orzamento de máis de 26 millóns de euros que se destinarán, entre outros fins, a reforzar as axudas para cubrir as necesidades básicas dos galegos do exterior, especialmente aqueles que residen en países que atravesan situacións de inestabilidade social, principalmente en América, e a afianzar os vínculos con todos eles, pondo o foco nos mozos, que son o mellor vehículo tanto para a proxección exterior de Galicia como para fomentar o retorno, principal ferramenta para superar o reto demográfico da comunidade.

A mocidade e as entidades, claves para a Galicia exterior

Gran parte deste labor recaerá, como vén sendo desde hai décadas, nas entidades, cuxa relevancia ratifica o documento como principais ferramentas de divulgación e execución dos programas tanto sociais como culturais da Xunta no exterior. Potencialas coa súa actualización tecnolóxica, a través das TIC, e social, reforzando o papel da mocidade nos seus órganos decisorios é outros dos obxectivos deste plan. 

Recoñecer o labor das entidades, así como o das persoas vinculadas coa Galicia exterior, será precisamente a finalidade das distincións que ten previsto crear a Xunta de Galicia nos vindeiros anos, e que pretende poñer en valor o traballo en prol da galeguidade fóra das nosas fronteiras.

A protección do patrimonio cultural tamén ocupa un lugar destacado entre as prioridades da estratexia coordinada pola Secretaría xeral da Emigración coa colaboración doutros departamentos do Goberno galego, a través tanto da creación de ferramentas máis eficaces de protección do patrimonio cultural exterior como de divulgación da Galicia territorial, entre os que destaca especialmente a lingua. Crearase, así, un centro de referencia da emigración e executarase o Plan director para a protección do patrimonio das comunidades galegas no exterior.

Incrementar as axudas individuais para galegos do exterior que residen en países que están a atravesar unha situación de inestabilidade política e social, non só ampliando as contías, senón tamén o seu ámbito de alcance, coa inclusión dos medicamentos; facilitar aos galegos do exterior a tramitación desde os países de orixe da Tarxeta Galicia Saúde Exterior, e o acceso ao recoñecemento de familia numerosa para que poidan gozar dos seus beneficios nas súas estadías temporais en España son algunas das medidas concretas deseñadas para lograr estes obxectivos. A Xunta de Galicia intensificará, así mesmo, a colaboración coas entidades galegas no exterior que prestan servizo aos nosos maiores, como os centros de día e as residencias de anciáns.

E prestará, por suposto, unha atención especial á mocidade exterior, coa que colaborará para preparar a remuda das entidades galegas no estranxeiro e á cal dedicará moitos dos seus esforzos por manter vivos e mesmo reforzar os seus vínculos con Galicia a través dos programas Conecta con Galicia, Aventúrate, campus deportivos e campos de traballo. Con este mesmo obxectivo crearase a Tarxeta Xuventude Exterior, que lles permitirá beneficiarse das vantaxes de ser mozo e de ser galego. O Goberno galego busca fomentar, ademais, a presenza e o peso das mulleres tanto nas bases como nos órganos directivos das entidades galegas no exterior.

Máis información sobre a Estratexia Emigración 2020 na ligazón: http://emigracion.xunta.gal/estratexia-emigracion-2020

457 lecturas