A delegada da Xunta no Uruguai recibe en Montevideo ao presidente do Porto de Vigo e ao presidente de ARVI

Imaxe do encontro que tivo lugar en Montevideo
Imaxe do encontro que tivo lugar en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 18 de marzo de 2024.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e ao presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, reafirmando o compromiso de Galicia coa promoción dos seus intereses no exterior e co fortalecemento das relacións co Uruguai.

Este encontro serve como plataforma para avanzar en diferentes iniciativas conxuntas, cun enfoque especial no desenvolvemento de proxectos que promovan a cooperación no ámbito da pesca, a sustentabilidade e o intercambio comercial. A delegada da Xunta subliñou o compromiso da Xunta de Galicia en apoiar ás empresas galegas no seu proceso de internacionalización e na busca de novos mercados.

256 lecturas