A delegada da Xunta no Uruguai participa no ciclo "Falando con Elas” e lembra o compromiso do Goberno galego coa promoción da igualdade

  • Imaxe do ciclo 'Falando con Elas' celebrado en Montevideo
    Imaxe do ciclo "Falando con Elas" celebrado en Montevideo
  • Imaxe do ciclo 'Falando con Elas' celebrado en Montevideo
    Imaxe do ciclo "Falando con Elas" celebrado en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 26 de marzo de 2024.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na segunda edición do ciclo "Falando con Elas", organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU).  Un espazo dedicado a destacar o papel da muller na sociedade e no ámbito empresarial. Este encontro serviu para reafirmar os lazos culturais e empresariais entre Galicia e Uruguai, promovendo ao mesmo tempo o empoderamento feminino e a igualdade de oportunidades.
 
A delegada da Xunta destacou a relevancia de crear espazos de diálogo que contribúan á visibilidade das mulleres en postos de decisión e influencia, tanto no eido empresarial como en todos os ámbitos da vida social. A través destas iniciativas, reiterouse o compromiso conxunto de apoiar o liderado feminino, a innovación e o desenvolvemento sostible.
 
O ciclo "Falando con Elas" consolídase como un evento clave na axenda cultural e empresarial galega no Uruguai, reflectindo o dinamismo e a capacidade de adaptación da comunidade galega no exterior. A AEGU e a Delegación da Xunta no Uruguai continúan traballando man a man para fortalecer estas pontes de colaboración e diálogo, coa mirada posta no futuro e nos retos compartidos.

271 lecturas