Exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro', en Braga

Listen to this page using ReadSpeaker
430 lecturas

Do mércores 2 ao sábado 19 de novembro, na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga, estará exposta a mostra itinerante Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro.

  • A exposición forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López que GaliciaDigital e a familia do escritor emprenderon en 2012 con apoio institucional dos Concellos de Paradela e Lugo, a Deputación de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

  • Manuel Rodríguez López foi un emigrante galego que con tan só seis anos emigrou a Barcelona onde viviu a maior parte da súa vida. Durante os longos anos de migración en terras catalás, non perdeu nunca a súa identidade galega. Isto quedou reflectido na súa produción literaria que inclúe poesía, prosa e tradución. A aportación deste intelectual lugués en relación aos galegos e as galegas na diáspora catalá  foi fundamental durante os anos da transición. Como Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona e como correspondente en Barcelona de diversos xornais galegos, plasmou en gran cantidade de artigos os actos culturais e sociais das e dos emigrantes galegos e colaborou decisivamente en unir a cultura galega e a catalá

  • Esta é unha mostra itinerante que xa pasou por varias vilas e cidades das catro provincias galegas así como en Madrid, Barcelona e Lisboa

  • Máis info no Facebook
Exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro', en Braga
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro de Estudos Galegos - Universidade do Minho
Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva
Data: 
02.11.2016
19.11.2016
Lugar:
Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva
Rua de S. Paulo, nº1
Braga - 4700-042
Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: