Estrea de «Os días afogados» no Reino Unido, na 6ª edición do Galician Film Forum de Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
450 lecturas

O venres 24 de marzo ás 19:30 h, no King's College de Londres, terá lugar a sexta sesión do Galician Film Forum, na que se proxectará o documental Os días afogados (2015), filme dirixido por César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero.

  • Os días afogados, (87'), Premio Mestre Mateo 2016 na categoría de Documental, narra o conflito que viviron os veciños e veciñas das aldeas de Aceredo e Buscalque (Lobios-Ourense), anegadas pola construción do encoro de Lindoso (Portugal) en 1992. A película utiliza imaxes históricas para reconstruír a loita da veciñanza para conservar os seus fogares
  • O filme proxéctase na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en inglés
  • Ao final da proxección haberá unha charla con membros do equipo que fixo a película

Entradas (de balde, pero é preciso reservar): www.eventbrite.co.uk

Máis info: na web galicianfilmforum.gal, facebook e Twitter

Estrea de «Os días afogados» no Reino Unido, na 6ª edición do Galician Film Forum de Londres
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Galician Film Forum - GFF
Data: 
24.03.2017
Hora: 
19:30
Lugar:
King's College London
Strand Campus
Londres - WC2R 2LSLondon
Reino Unido

Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: