Subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
1908 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior, e se procede a súa convocatoria para o ano 2015.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
24.02.2015
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa A. Axudas para ampliación, reforma, rehabilitación e conservación de instalacións e/ou do patrimonio cultural
  • Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable

Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as seguintes entidades:

  1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega o de centro colaborador da galeguidade ó abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, ou da Lei 4/83, do 15 de xuño, e normativa de desenvolvemento
  2. Entidades resultantes de procesos de unión ou fusión xa rematados, que teñan solicitado o recoñecemento da súa galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta resolución as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión en tanto o devandito proceso non estea rematado.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 25-02-2015 ata o 24-03-2015

Solicitudes: Tan só se poderá presentar solicitude (Anexo I) para un dos programas

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica
Outra documentación para consultar:

Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse por calquera dos seguintes procedementos:

a) En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.
-Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
-No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
-Enderezo ao que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.
-Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante
b) Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
- Para a presentación das solicitudes por este medio é necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

c) As solicitudes ou a documentación que se presente por  Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160       Fax: 981 957 179
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.es

 

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
24.03.2015