Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
1404 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 26 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2024.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
16.01.2024
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1.- Axudas para gastos de funcionamento
  • Programa 2.- Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e   proxectos promovidos pola xuventude
  • Programa 3.- Accións de especial relevancia

Entidades destinatarias:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade 

Prazo de presentación: desde o 17-01-2024 ao 16-02-2024 (ás 23:59 hora española). Ampliación do prazo ata o 2 de marzo de 2024 inclusive.

Solicitude: só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) con independencia dos programas para os que pida subvención.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede Electrónica


Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación das solicitudes:  

A) Entidades con sede social en España

Presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

B) Entidades con sede social no estranxeiro

Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1. En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (Anexo I)
    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común  das administracións públicas.

    O envío por correo postal será á Secretaría Xeral da Emigración, Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela, tamén nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante. Deberán informar desta circunstancia á Secretaría Xeral da Emigración a través dun correo electrónico a emigracion.subvencions@xunta.gal, incluíndo unha copia completa desta solicitude e do resgardo de presentación (este correo electrónico non terá validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos).
  2. Por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración.
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160       
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
04.03.2024