Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2017.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
28.03.2017
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude
  • Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas

Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria en cada programa as seguintes entidades:

  1. Programa 1
    a) Entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
    b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade
  2. Programa 2
    a) As entidades inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
    b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade
  3. Programa 3:
    a) Entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
    b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*: picar aquí para acceder á Sede Electrónica
*Nota: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para todos os programas.

Outra documentación para consultar:

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. Entidades con sede social en España

    As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  2. Entidades con sede social no estranxeiro

Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1.  En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.

    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

    Enderezo ó que deben enviarse:  Secretaría Xeral da Emigración, Rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.

    Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante

  2. Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As solicitudes ou a documentación que se presente por  Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160     Fax: 981 957 179
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
05.05.2017
1181 lecturas