Programa de axudas para a participación no Programa “Aventúrate con Galicia”, no ano 2018

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

313 lecturas
Información do programa “Aventúrate con Galicia”, actividades dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan, para o ano 2018, as axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior (PR930B).
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
18.04.2018
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto: facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades no mar - Gandarío: convócanse 20 prazas, a realizar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
  2. Actividades de Naturaleza-medioambiente e mar: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
  3. Actividades de Aventura T: convócanse 10 prazas a realizar no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei) dependente de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Viaxe a Galicia:
Cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida y de volta aos seus lugares de residencia. Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país (visados, pagamento de taxas...). Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe a Galicia.

Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modalidades ofertadas.
Para obter máis información sobre a convocatoria os/as interesados/as deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • En Brasil:
    Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruccións de São Paulo.
    Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Galegas na Habana.
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Documentación para descargar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
04.06.2018