Programa de axudas para a participación no Programa “Aventúrate con Galicia”, no ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
2462 lecturas
Información do programa “Aventúrate con Galicia”, actividades dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 30 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2017 o programa de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
07.04.2017
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas.

Número de prazas convocadas e características:

  1. Actividades no mar-Gandarío: convócanse 20 prazas, a realizar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
  2. Actividades de Natureza-medioambiente e mar: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
  3. Actividades de Aventura T: convócanse 10 prazas a realizar no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei) dependente de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Viaxe a Galicia: cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida y de volta aos seus lugares de residencia.  Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país (visados, pagamento de taxas...). Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe a Galicia.

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Na súa solicitude, as persoas interesadas optarán unicamente por unha das modali­dades ofertadas.

Para obter máis información sobre a convocatoria os/as interesados/as deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes:

* En Arxentina:

  • Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires

* En Uruguai:

  • Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo

* En Brasil:

  • Peña Galega da Casa de Espanha de Río de Janeiro.
  • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrução de São Paulo.
  • Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos

* En Cuba:

  • Federación de Sociedades Galegas na Habana.

* En Venezuela:

  • Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
08.05.2017