Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
15.03.2017
Estado: 
Procedemento aberto

Obxecto das Axudas:
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o ano 2017. O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios/as:

  1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

    a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.

    b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    As persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
    Requisitos dos/as beneficiarios/as:

    -Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España
    -Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude
    -Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia
    -Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.
    Entenderanse como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen en cómputo global, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), fixado para o ano 2017 en 532,51€ mensuais, e relativos á renda per cápita da unidade familiar.

    -Carecer de bens patrimoniais suficientes (mobles e/ou inmobles).
    Entenderase como bens mobles suficientes, cando na unidade familiar da persoa solicitante o seu valor supere o límite de 10.000 €, mais 2.000 € adicionais por cada un dos/as restantes membros da unidade familiar.
    Entenderase como bens inmobles suficientes, cando a suma dos valores dos mesmos de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 €.

  2. Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultaran beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores á presente.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica


Outra documentación para descargar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
31.08.2017
1582 lecturas