Bos Aires Celebra Galicia-Pórtico Universal 2016

Pestanas principais

Bos Aires Celebra Galicia-Pórtico Universal

Bos Aires Celebra Galicia-Pórtico Universal 2016
1058 lecturas

Bos Aires Celebra Galicia Pórtico Universal 2015Por terceiro ano consecutivo, dentro do proxecto que leva a cabo o Goberno da Cidade de Bos Aires dende o ano 2009 co obxectivo de homenaxear a todas as colectividades emigrantes asentadas en Bos Aires, a nosa terra será protagonista na capital arxentina, mostrando a nosa cultura, costumes e identidade no "Bos Aires Celebra Galicia".

Esta edición de 2016 coincide ademais coa 42ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, na que Santiago de Compostela é a cidade convidada de honra, e no marco tamén do Galicia Pórtico Universal -o programa da Secretaría Xeral da Emigración que está a achegar a nosa terra a diversas cidades de España e do mundo- a Xunta de Galicia e a Comunidade Galega na Arxentina súmanse a esta celebración: na penúltima fin de semana de abril as cidadás e os cidadáns de Bos Aires que se acheguen á Avenida de Mayo poderán coñecer máis sobre a nosa artesanía, gastronomía, oferta turística e coa nosa cultura como protagonista especial desta celebración, e cos galegos e as galegas da nosa colectividade como embaixadores e embaixadoras da Calidade de Galicia.

Socios Colaboradores

Secretaría Xeral da Emigración Consellería do Medio Rural e do Mar Xacobeo Artesanía de Galicia Galicia
  Comunidad Galega en Argentina Buenos Aires Ciudad  
1058 lecturas