V Concurso de contos curtos "Rosalía de Castro" do Lar Gallego de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
1252 lecturas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2016, a Corporación Lar Gallego de Chile convoca o V Concurso de Contos Curtos "Rosalía de Castro".

Bases:

  1. Poderán concorrer a este certame todas as persoas das colectividades hispanas con presenza en Chile e do estranxeiro que o desexen, non importando a súa nacionalidade..
  2. As obras poden ser presentadas en calquera das linguas recoñecidas polo estado español, e en máis dunha destas, podendo estar escrita parte dela en castelán e parte dela nas linguas co-oficiais (galego, catalán, éuscaro). En caso de estar escrita en linguas co-oficiais, débese agregar a tradución das frases, parágrafos ou textos completos, segundo corresponda.
  3. A modalidade é relato breve, sen superar as tres carillas (3) de extensión asinadas con pseudónimo. Letra Times New Roman 12, espazo simple e folla tamaño carta (marxe normal).
  4. Os orixinais deben ser inéditos. Poderase tratar calquera tema que resalte valores humanos, persoais, da diáspora, historias de vida, da emigración ou relacionados a Chile, Galicia e/ou España ou Ibéricos (só unha obra por autor/a).
  5. O prazo para a súa presentación vence o día 15 de abril de 2016. Admitiranse as obras que fosen enviadas por correo e teñan cuño de orixe desta data ou anterior.
  6. As obras deberán ser enviadas en número de cinco (5) exemplares á Corporación Lar Gallego, Concurso Literario, Dirección: Nevería Nº 4855, Las Condes, Santiago, Chile. No remitente deste sobre indicarase o pseudónimo do/a autor/a. Nun segundo sobre, asinado con pseudónimo e dirixido á Corporación Lar Gallego, incluirase dentro deste os datos persoais do/a autor/a: nomes e apelidos, dirección, teléfono(s) de contacto, correo electrónico, número de R.U.T., NIF, ou equivalente e nota biográfica (breve). En virtude do tempo e nalgúns casos das distancias, tanto en Chile coma no estranxeiro pode que sexa un inconveniente o correo tradicional, polo que o/a interesado/a poderá optar por enviar vía correo electrónico o seu conto, achegando nel os datos anteriormente sinalados neste punto.
  7. O xurado estará composto por cinco (5) representantes designados pola Corporación Lar Gallego, cuxos nomes se darán a coñecer no momento do fallo do xurado, que será o 8 de maio de 2015.
  8. Os/as xuíces/xuízas seleccionarán catro (4) obras finalistas, entre as cales dirimirán un primeiro premio e tres mencións honrosas.
  9. O premiamento realizarase no Estadio Español de Las Condes (confirmarase oportunamente o lugar da premiamento) o día 14 de maio de 2016. A obra gañadora recibirá un galvano e será publicada na revista Lonxe da Terriña 2016 e no sitio web da Corporación Lar Gallegoo www.largallego.cl.
  10. Adicionalmente, distinguirase a tres (3) mencións honorarias, cada unhas das cales obterá un diploma e un libro pola súa participación neste evento literario.
  11. Será imprescindible que o/a (ou os/as) autor(es/as) asista(n) ao acto de premiamento que se organizará para tal fin o 16 de maio de 2015 e/ou na data que se determine para tal efecto. En caso de non asistir o/a (os/as) galardoado/a (s), enténdese que renuncia(n) ao premio. Se o/a galardoado/a ou premiado/a reside no estranxeiro ou en cidades extremas ou afastadas de Santiago de Chile, poderase escusar a súa inasistencia e enviaráselle o recoñecemento por Correos de Chile ou por un Correo Expreso ou Courier.
  12. O prazo de admisión de orixinais queda aberto coa publicación desta convocatoria.
  13. Os relatos non premiados non serán devoltos, sendo destruídos posteriormente ao veredicto do xurado.
  14. O/a galardoado/a permitirá a Corporación Lar Gallego (Lar Gallego de Chile ou Lar Gallego), reproducir a súa obra premiada na revista da entidade, web ou outros medios, tanto en Chile, coma no estranxeiro.
V Concurso de contos curtos "Rosalía de Castro" do Lar Gallego de Chile
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Lar Gallego
Data: 
15.04.2016
Lugar:
Lar Gallego de Chile - Estadio Español de Las Condes
Nevería, 4855 - Las Condes
Santiago de Chile - 758-0570Region Metropolitana (RM)
Chile