Liñas de axuda

Ex. 05.06.2024
Ex. 05.06.2024
  • 153 Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009
    O obxecto deste programa é a concesión de axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2009.
    Nome do programa: Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009  Destinatarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes para emigrantes "Volver á Terra" 2009
    A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa "Volver á terra", coa finalidade de que os emigrantes galegos maiores de 60 anos e con baixos recursos económicos, poidan reencontrárense coa súa terra e coa súa familia.
    Nome do programa:Programa de viaxes  "Volver á Terra" 2009. Destinatarios: Poderán ser solicitantes deste programa os emigrantes e os seus conxuxes ou parella de feito que cumpran os  requisitos enumerados na correspondente resolución (artigo 3º). Características: Número de prazas... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009
    A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega, no ano 2009.
    Nome do programa: Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante 2009.  Destinatarios: As subvencións que se convocan pola presente resolución poderán ser solicitadas por aqueles... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009
    A Secretaría da Emigración fai pública a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, así como o seu reforzo educativo, no ano 2009.
    Nome do programa: Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009. Destinatarios: As subvencións que convoca esta resolución poderán ser solicitadas por aqueles concellos, mancomunidades de concellos e... Máis información
    Procedemento pechado
  • 154 Subvencións a entidades sen ánimo de lucro destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria 2009
    A Secretaría Xeral da Emigración convoca a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.
    Nome do programa: Concesión de subvenciones a entidades sin ánimo de lucro. Destinatarios: As subvencións que se convocan por esta resolución poderán ser solicitadas por aquelas entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia que cumpran, nesta data de finalización do prazo de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2009
    O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2009, ten como obxecto a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
    Nome do programa: Axudas económicas individuais para galegos residentes no exterior para o exercicio 2009. Destinatarios: Os emigrantes de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes ata o 2º grado de consanguinidade, que posúan a condición de galego.  A forma de acreditar esta... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 Axudas a emigrantes retornados 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2009. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
    Nome do programa: Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2009. Destinatarios: Os/as cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009. O obxecto regular, para o ano 2009, a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.
    Nome do programa: Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o exercicio 2009. Destinatarios: Asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia, inscritos como asociacións sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia e... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes para emigrantes "Volver á casa" 2009
    O programa "Volver á casa" está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
    Nome do programa: Programa de viaxes "Volver a Casa" 2009. Destinatarios: Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: Ser emigrante galego Ter a nacionalidade española Residir en América Ter cincuenta e cinco ou máis anos de idade... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de actividades de campamentos e campos de traballo 2009
    A Secretaría Xeral de Emigración ten coma un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, o desenvolvemento de actividades culturais, de accións solidarias e tempo libre dirixidas á xuventude do exterior, así como o fomento da partiparticipación dos mozos e mozas descendentes de galegos nos programas e servizos a favor da xuventude.
    Nome do programa: Programa de actividades de Campamentos e Campos de Traballo 2009.  Destinatarios: Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.  Características: Requisitos dos beneficiarios: Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas