Programa de viaxes para emigrantes "Volver á casa" 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
2134 lecturas
O programa "Volver á casa" está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Programa de viaxes "Volver a Casa" 2009.

Destinatarios:

Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ser emigrante galego
  2. Ter a nacionalidade española
  3. Residir en América
  4. Ter cincuenta e cinco ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
  5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral
  6. Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración
  7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos cales poidan residir durante a súa estadía en Galicia
  8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español fixado en 2009 para o país de residencia

Poderán ser beneficiarios as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa.

Tamén poderán ser solicitantes os fillos de emigrantes galegos que teñan a condición de galego e que cumpran os requisitos anteriores 

Características:

  • A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo, con carácter xeral, do 60% do custo da viaxe a Galicia. Farase cargo do 80% naqueles países en que a base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade no 2009 non supere os 2.300€ anuais.
  • A condición de beneficiario deste programa quedará supeditada ao compromiso de acollida dos familiares do solicitante residentes en Galicia e ao pagamento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.
  • Os participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de tres meses, sendo pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivados da súa estadía en Galicia.

Nº de Prazas: 241

Data de Realización: Entre o 22 e o 26 de Xuño

Prazo de presentación: Ata o 13 de Abril 

Lugar de presentación:

  • Secretaría Xeral de Emigración: Servizo de Atención Social aos Emigrantes Teléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269 Fax: 981.957.055 e-mail:accion.social.emigracion@xunta.es
  • Na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires,  Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo, consellerías de Traballo e Asuntos Sociais, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante
  • Nas entidades que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das solicitudes 

* En Brasil:

  • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
  • Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
  • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. São Paulo.
  • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos. 

* En Cuba: 

  • Federación de Sociedades Gallegas en La Habana. 

* En Venezuela:

  • Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.  

Resolución: Resolución do 3 de marzo de 2009 (BOE do 09/03/09), da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa "Volver á casa" para residentes no exterior durante o ano 2009. 

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia (9/03/2009)

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración 

Ano: 2009   

Documentación:

Resolución do 3 de marzo de 2009

Guía do cidadán

  • Anexos I y II. Anexos do Programa: Volver á Casa
  • Anexo III. Base de cálculo da prestación económica por ancianidade para os países americanos.
  • Modelo da solicitude con todos os anexos (Versión para cubrir on line) (Prazo pechado). Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación enviar o documento a imprimir coa información cumplimentada.

Data de publicación: 09 de Marzo de 2009