Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo

Nado na Barcala (A Baña) o 14 de maio de 1914, cursou estudos na Universidade Pontificia Compostelá, Maxisterio en Santiago, Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. Afiliado ás Mocedades Galeguistas, tomou parte na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. Agrarista e cooperativista, colabora coas sociedades agrarias barcalesas.

En 1946 déronlle unha bolsa para a Misión Biolóxica de Galicia para prepararse para dirixir a Escola Agrícola da Granxa Barreiros de Ortoá (Sarria). Dalí xurdiron os Cursos Agropecuarios para mestres rurais que se celebraron en Lugo desde 1948 ata 1971.

Regresou a Galicia en 1970, ao grupo escolar de Pontecesures, onde exerceu ata a súa xubilación en xaneiro de 1983. Foi presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Flórez e vogal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda. Faleceu o 20 de agosto de 2012 no concello coruñés de Teo.

Vídeo da entrevista: 
2317 lecturas