Antón Fraguas Fraguas

Antón Fraguas Fraguas

Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Xa en 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre en 1933, sendo represaliado e obrigado a abandoar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 voltou á Universidade e obtivo a cátedra de instituto, ademais de facerse director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. En 1951 pasa a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o asento de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación, e ata a súa morte. En 1984 recibiu a medalla Castelao e no 95 a medalla das Artes e das Letras de Galicia.

Faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999.

En 2019 foi a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Vídeo da entrevista: 
3397 lecturas