Visita do Secretario Xeral de Cultural á Federación de Asociacións Galegas e ao MEGA

O xoves 24, ás 19,00h, tamén se presentará o libro sobre Manuel Lueiro Rey

  • Nas imaxes Anxo Lorenzo e Francisco Lores
    Nas imaxes Anxo Lorenzo e Francisco Lores
  • Portada do libro sobre Manuel Lueiro Rey 'A liberdade ferida'
    Portada do libro sobre Manuel Lueiro Rey "A liberdade ferida"
Bos Aires, 21 de abril de 2014.
Listen to this page using ReadSpeaker

A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) informan que por terceiro ano consecutivo recibirán a visita do secretario Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, quen visitará o país coincidindo coa realización da 40º Feira Internacional do Libro de Bos Aires.

Tamén se presentará o libro sobre Manuel Lueiro Rey "A liberdade ferida", publicado pola Editorial Alborada, que resume o valioso legado literario deste comprometido escritor galego (Fornelos de Montes, 1916 - O Grove, 1990).

O funcionario galego será recibido o próximo xoves 24 de abril, a partir das 19, polo presidente da institución, Francisco Lores Mascato, quen expresósu satisfacción de poder "darlle a benvida á nosa casa unha vez máis a este dirixente da Xunta de Galicia para que vexa os avances que se van concretando no Museo e os plans que temos para continuar realizando actividades".

A axenda establecida para esa xornada indica que ademais da percorrida de Anxo Lorenzo Suárez pola Federación e o MEGA, e a presentación do libro no Salón Arturo Cuadrado (Chacabuco 955 -1º piso), actuará o grupo musical galego "Xardín Desordenado", que interpretará poemas do escritor lucense Xosé María Díaz Castro, a quen a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas 2014.

A visita do dirixente enmárcase no apoio que a Xunta de Galicia brinda ao sector editorial galego na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, un dos eventos relacionados co libro máis importantes do mundo no que a industria galega do sector vén participando cada ano coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O funcionario, que considera na súa axenda de traballo varias reunións con entidades galegas locais, procura tamén potenciar os lazos de diálogo e cooperación, ao tempo que impulsa darlle maior difusión á cultura galega no exterior.

Nacido en Vigo en 1964, Anxo Manuel Lorenzo Suárez exerceu como secretario Xeral de Política Linguística na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (dende 2009), antes de ser designado no actual cargo polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o 4 de xaneiro de 2012.

Os directivos da institución recordaron que o funcionario galego visitou por primeira vez a Federación e o MEGA o 25 de abril de 2012.

710 lecturas