A Secretaría Xeral da Emigración acorda adiar o Día da Galicia Exterior para 2022 tras consultar á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

A reunión, que tivo lugar esta tarde, foi telemática, e estivo presidida polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

A situación actual de pandemia foi a razón pola que este ente tomou a decisión de trasladar ao próximo ano a celebración de xeito que poidan acudir tódolos galegos e galegas do exterior que o desexen.

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión celebrada de xeito telemático
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión celebrada de xeito telemático
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión celebrada de xeito telemático
    O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión celebrada de xeito telemático
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta tarde a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas na que se decidiu adiar o Día da Galicia Exterior para 2022 a raíz da situación provocada pola covid-19, de xeito que se poida garantir a chegada de galegas e galegos de todo o mundo.  

Durante este encontro, tamén se analizaron as novidades nas convocatorias de axudas sociais aos galegos e galegas do exterior e tamén ás entidades galegas no contexto da pandemia.

Ademais, tamén se puxeron sobre a mesa os diferentes programas que as entidades están a deseñar este ano, e que deben axeitarse a dúas circunstancias, a adecuación ás normas sanitarias de cada país en relación á pandemia e a celebración do Ano Santo. 

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando ás e aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos e galegas que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

1060 lecturas