Rueda garante o apoio da Xunta ás galegas e galegos no exterior que decidan volver a Galicia marcando como obxectivo 30.000 persoas retornadas en 2026

Sitúa a Galicia como pioneira na posta en marcha de medidas para facilitar o retorno e salienta o papel da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026.

Destaca que non se trata só de darlles unha “segunda oportunidade”, senón que tamén “axuden a construír a Galicia do futuro”.

  • O presidente da Xunta participou en Ourense no acto inaugural do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
    O presidente da Xunta participou en Ourense no acto inaugural do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas

Inauguración do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 22 de setembro de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio ás galegas e galegos no exterior que decidan volver a Galicia, marcando como obxectivo acadar que na altura de 2026 sexan 30.000 persoas ás que se lles teña axudado a retornar á comunidade. 

Así o comprometeu o mandatario galego na súa intervención en Ourense no acto inaugural do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, no que participan 80 entidades provenientes de diferentes países, e das que 19 levan máis de 100 anos en activo. Para todas elas tivo palabras de agradecemento polo seu importante labor “mantendo vivo un recuncho de Galicia” en cada parte do planeta. 

Rueda salientou que Galicia é “pioneira” en materia de retorno xa que lembrou que, só desde o 2018, unhas 28.000 persoas puideron regresar á comunidade. Ademais, fixo fincapé no reforzo destas accións por parte do Goberno galego coa actual Estratexia Galicia Retorna 2023-2026

O presidente da Xunta enxalzou o “éxito” deste programa, que conta cun cento de medidas coas que considerou posible alcanzar ao remate destes tres anos a cifra dos 30.000 retornados e retornadas. Deste xeito, apuntou que se pretende non só darlles unha “segunda oportunidade”, senón que tamén “axuden a construír a Galicia do futuro”. 

Reforzo das axudas sociais ás comunidades do exterior
Na súa intervención, Rueda tamén destacou as medidas de apoio do Goberno autonómico aos galegos e galegas que continúan a vivir no exterior xunto coas súas familias. Nesta liña, lembrou que durante os últimos anos reforzáronse as axudas de carácter social, que cualificou de “imprescindibles” co obxectivo de que nesta lexislatura se poidan atender a máis de 100.000 persoas mediante algún dos programas sociais postos en marcha polo Executivo galego. 

Finalmente, o presidente subliñou o pulo significativo que se ten dados desde a Xunta ás axudas dirixidas ás entidades galegas no exterior, co obxecto de que “ningunha quedara atrás“ no período de pandemia e no posterior. Do mesmo xeito, referiuse ás medidas para achegar Galicia a esta comunidades, a través de programas como Conecta con Galicia, para a xuventude; Escolas Abertas, campos de voluntariado ou Conecta co Xacobeo, para a idade adulta; ou Reencontros na Casa e na Terra. 

Rueda defendeu todas estas actuacións do Goberno galego que considerou de “xustiza” para corresponder todo o feito por Galicia polas comunidades de galegas e galegos no exterior e para que se manteña co paso do tempo o “vínculo forte” existente.

201 lecturas