O Portal de Inmigración da Unión Europea xa está dispoñible en español

Ofrece información de utilidade para a cidadanía daqueles países que non pertencen á Unión Europea e queren trasladarse a un dos 27.

O Portal de Inmigración da Unión Europea xa está dispoñible en español
O Portal de Inmigración da Unión Europea xa está dispoñible en español
Listen to this page using ReadSpeaker
Granada, 6 de febreiro de 2013.

Onde solicitar un permiso de traballo alemán? As cidadás e os cidadáns chilenos necesitan permiso de residencia para estudar en Italia? A quén pode pedir axuda se foi explotada ou explotado no traballo? O Portal de Inmigración da UE responde a estas e outras preguntas. Con ocasión do Cumio UE-CELAC, que se celebrou do 26 ao 28 de xaneiro en Santiago de Chile, lanzouse a versión en español do Portal de Inmigración da UE.

Este sitio web ofrece información práctica ás persoas estranxeiras interesadas en trasladarse á UE ou ás e aos inmigrantes que xa se atopan en Europa e queren ir dun país a outro. En máis de 600 páxinas, este Portal ofrece información específica para cada categoría de inmigrante sobre os procedementos de inmigracion nos 27 países da UE.

Pódese visitar o Portal de Inmigración da Unión Europea en: ec.europa.eu/inmigration

 

Fonte: Paraemigrantes.com

903 lecturas