O número de persoas afiliadas estranxeiras á seguridade social en España situouse en agosto en 1.748.415

En Galicia son 34.724 as persoas de nacionalidade estranxeira afiliadas á Seguridade Social.

A afiliación baixa, no total de España, en 16.517 persoas, o -0,94%, respecto a xullo.

Listen to this page using ReadSpeaker

Ministerio de Empleo y Seguridad Social.En agosto a afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros decreceu en 16.517, o que equivale a un -0,94% e rompe a tendencia dos cinco últimos meses de crecemento consecutivo.

En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e moi por enriba da do total de persoas empregadas. A variación anual entre o colectivo rexistrou un descenso do -4,46% (-81.631) fronte ao -3,43% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade ás e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.

O balance xeral de agosto reflicte que do total de persoas estranxeiros afiliadas (1.748.415), 1.089.621 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 658.794 persoas, de países comunitarios.

Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 1.088.382 traballadores (sen incluír os Sistemas Especiais Agrario e do Fogar). Séguenlle o Sistema Especial Agrario, con 226.610 persoas; o de Autónomos, con 216.878; o Sistema Especial do Fogar, con 209.321 e o Réxime Especial do Mar, con 5.119 traballadores e traballadoras.

Cataluña é a comunidade autónoma con maior número de persoas afiliadas de naconalidade estranxeira, con 399.541 traballadores e trabalaldoras (22,8%), seguido da Comunidade de Madrid, con 362.802 (20,7%); Andalucía, con 203.522 (11,64%); Comunidade Valenciana, con 179.218 (10,25%); e Baleares, con 86.954 (4,97%). Cabe destacar que Extremadura, (15.809) e Melilla (3.952) son as únicas que ven crecer o número de afiliadas e afiliados estranxeiros.

Por sexos, da cifra total de 1.748.415 persoas afiliadas, 933.641 son homes e 814.773 mulleres.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

629 lecturas