O INE avanza que en 2019 Galicia gañou 1.803 residentes e entraron a residir na comunidade 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica

O INE publica hoxe a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019 e tamén as ‘Cifras de Poboación’, que indican que Galicia gañou 1.803 habitantes o pasado ano.

O saldo migratorio foi un 32% superior ao do ano 2018.

Unha vez publicados estes datos, o IGE vainos incorporar á súa base de datos para a corresponde explotación estatística dos mesmos.

A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.702.244 habitantes
A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.702.244 habitantes
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020.

A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.702.244 habitantes, o que supón un incremento de 1.803 habitantes respecto á mesma data de 2019, como recolle a estatística ‘Cifras de Poboación’ publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística. O INE tamén publica a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019, que indica que no último ano entraron a residir en Galicia 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica.

Segundo os datos difundidos esta mañá polo INE, a poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 está conformada por 2.702.244 persoas, das que 2.585.716 teñen nacionalidade española (o 95,7% do total) e 116.528 teñen nacionalidade estranxeira, o 4,3% da poboación residente na comunidade autónoma.

Ademais, segundo a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019, Galicia rexistrou un saldo migratorio positivo de 17.542 persoas, o maior de toda a serie histórica –que arranca en 2008- e un 32% superior ao saldo rexistrado no ano 2018, que fora de 13.252 persoas.

Tipo de migracións
Só desde o exterior, a Galicia chegaron 16.866 persoas máis das que saíron, das que 8.384 son menores de 30 anos. Ao mesmo tempo, Galicia tamén gañou poboación polas galegas e galegos nados no estranxeiro. Segundo o INE, a comunidade acubilla hoxe 14.656 españois e españolas máis ca en 2018 que, nacendo no exterior, agora residen en Galicia.

Galicia tamén gañou poboación desde o resto de España, xa que recibiu 676 persoas máis das que saíron, das que 348 teñen menos de 65 anos. Do total, 507 teñen nacionalidade española e, destas e destes, 195 teñen 64 anos ou menos. Por outra banda, a chegada de persoas con nacionalidade española a Galicia ascendeu a 7.047 persoas en 2019, das que 6.540 procedían do estranxeiro e 507 doutras comunidades. Das 24.698 persoas que chegaron á comunidade desde o estranxeiro, o 26,47% son españois e españolas e o 92% son menores de 65 anos.

Unha vez publicados hoxe estes datos provisionais por parte do INE, o Instituto Galego de Estatística (IGE) vainos incorporar á súa base de datos para realizar a correspondente explotación estatística dos mesmos e proceder posteriormente á súa difusión.

743 lecturas