Miranda destaca o papel crucial da Agrupación Artística Gallega na difusión da nosa cultura en Cuba

Miranda destaca o papel crucial da Agrupación Artística Gallega na difusión da nosa cultura en Cuba
Miranda destaca o papel crucial da Agrupación Artística Gallega na difusión da nosa cultura en Cuba
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 10 de decembro de 2023.

O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia sostivo unha reunión con Julio Ramón Santamaría López, responsable da Agrupación Artística Galega onde expresou o seu compromiso firme coa difusión da rica herdanza cultural de Galicia e recoñeceu o papel vital que desempeña a Agrupación Artística Galega neste sentido. As conversas abrangueron temas como a organización de eventos culturais, exposicións, e actividades artísticas que poidan servir para conectar as comunidades galegas no exterior coas súas raíces.

Julio Ramón Santamaría López, pola súa parte, agradeceu o apoio da Xunta e enfatizou a importancia de establecer unha ponte cultural sólida entre Galicia e a diáspora galega.

Constituída segundo os seus estatutos, na cidade de La Habana, o día 23 de setembro de 1919, coa denominación “Agrupación Artística Gallega”. Ten como obxectivo propiciar o desenvolvemento do carácter cultural, deportivo e recreativo dos seus asociados.

132 lecturas