A delegada da Xunta no Uruguai participa na celebración do Día do Libro na Embaixada de España promovendo o galego
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez participou no acto conxunto para conmemorar o Día do Libro na Embaixada de España no Uruguai. Este evento tiña como obxectivo celebrar e promover a riqueza e diversidade lingüística de España, contando con lecturas nos catro idiomas: castelán, galego, catalán e euskera.
Para esta ocasión, foron invitados tres destacados representantes das diferentes colectividades lingüísticas, quen deleitaron ás e aos asistentes con textos emblemáticos en cada unha das linguas. Como lembranza do encontro, entregouse ás e aos participantes un exemplar multilingüe do libro Medio pan y un libro de Federico García Lorca, obra que resalta a conexión cultural do autor co Uruguai, onde deixou unha pegada profunda fai 90 anos.
Novas relacionadas