A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos organizados co gallo do Día da Hispanidade en Montevideo

  • Imaxe da celebración en Montevideo da Festa Nacional de España
    Imaxe da celebración en Montevideo da Festa Nacional de España

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 13 de outubro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos que se desenvolveron en Montevideo co gallo da celebración do 12 de outubro, acompañando así ás máximas autoridades españolas na capital do país do Cono Sur, como son o embaixador de España, Santiago Jiménez, e a cónsul xeral María V. Scola. En primeiro lugar asistiu á ofrenda floral que realizou a Embaixada ao pé do monumento de José Gervasio Artigas, na praza da Independencia, e posteriormente á que se levou a cabo ante o monumento de Isabel a Católica, por parte da Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay.

Posteriormente, xa pola noite, tivo lugar unha recepción na Embaixada de España no Uruguai, con preto de 1.000 inivitadas e invitados entre embaixadores, diplomáticos e autoridades locais e estranxeiras, onde se destacou a especial relación que existe entre ambos países, tanto histórica como económica.

180 lecturas