Continúa aberta a Liña de Axudas Extraordinarias para os Galegos Retornados da Secretaría Xeral da Emigración que inclúe ata 500 euros para gastos derivados do acceso á vivenda

Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural.

O prazo de presentación está aberto ata o próximo día 30 de setembro.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que a liña das axudas extraordinarias para galegos retornados continúa aberta que dependerán das circunstancias sociais e do número de persoas que conformen a unidade familiar, tendo en conta que os fillos menores de 18 anos poderán recibir ata 1.500 euros, e que tamén se valora o feito de residir nun concello rural, cun incremento do 25%. A contía non poderá exceder, como máximo, dos 6.000 euros por unidade familiar

En total, a Secretaría Xeral da Emigración destina case 1,7 millóns de euros para este programa que ten como obxectivo axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do regreso a Galicia. Como novidade, establécese unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinadas a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para facilitar o acceso a unha vivenda.

Os beneficiarios serían as persoas que residindo fóra de España con nacionalidade española se establezan en Galicia, tanto os nacidos na propia comunidades autónoma como os conxugues ou descendentes. A maiores, deben contar tamén co empadroamento en Galicia e ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno. Esta data de retorno debe ser a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Dende a posta en marcha da Estratexia Retorna, destináronse 6,8M€ a esta liña de axudas beneficiándose un total de 3.342 familias das que o 35% delas contaban con menores de idade. 

Máis información:

585 lecturas