Amancio Prada enche de emocións con acordes galegos o Festival ‘Fai Un Sol’ que organiza o Lar Galego

  • Amancio Prada, durante a súa actuación
    Amancio Prada, durante a súa actuación
  • O Grupo de Gaitas do Lar Galego de Sevilla abría este evento
    O Grupo de Gaitas do Lar Galego de Sevilla abría este evento
  • Imaxe do público asistente
    Imaxe do público asistente
  • José Antonio Otero, presidente do Lar Galego de Sevilla
    José Antonio Otero, presidente do Lar Galego de Sevilla
Listen to this page using ReadSpeaker
Sevilla, 2 de outubro de 2020.

O Lar Galego de Sevilla coa colaboración da Xunta de Galicia vén de organizar o II Festival ‘Fai Un Sol’ no Teatro  Távora de Sevilla. Nesta edición, Amancio Prada, conquistou ás e aos asistentes coa súa música e poesía nun recital acústico. 

O Grupo de Gaitas do Lar Galego de Sevilla abría este evento marcando con acordes galegos o sinal de identidade deste Festival. Completouse o aforo limitado coa asistencia de membros do Lar Galego e doutras casas rexionais de Galicia en Andalucía e público local.

José Antonio Otero, Presidente do Lar Galego de Sevilla, destacou que “os asistentes cumprisen de maneira exemplar coas medidas de seguridade establecidas no teatro durante o concerto” e agradeceu “o apoio e a colaboración da Xunta de Galicia para este evento”. Pola súa banda, José Luis  Palomino, do Teatro Salvador Távora, agradeceu ao Lar Galego “o seu apoio para fomentar a vida nas salas e que a voz da cultura non se apague nestes tempos de pandemia”.

Fonte e fotos: Lar Galego de Sevilla

408 lecturas