XX Xuntanza de "Con Vós", en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
430 lecturas

O venres 8 de decembro a partir das 10:30 h, no Campo Galicia do Centro Galicia de Bos Aires, o programa radiofónico galego "Con Vós" que dirixe Ramón Suárez "O  Muxo" (e que se emite os domingos de 18:00 a 19:00 h por AM 660 Radio Amplitud www.radioamplitud.com.ar) celebra a súa XXª Xuntanza.

  • A entrada é de balde, e os/as concorrentes, se o desexan, poden levar a súa propia comida e bebida (hai grellas á disposición dos/as asistentes) ou mercala no restaurante do Campo Galicia
  • A xuntanza estará animada por varios números musicais e artísticos (poden participar todos/as os/as que o desexen previa comunicación con Ramón Suárez "O  Muxo")
  • Non se suspende por chuvia

Máis info: na páxina en Facebook Con Vós; Twitter @RamnSurezlvarez; e no blog: galiciaconvos.blogspot.com.es

XX Xuntanza de "Con Vós"
Evento: 
Festa
Organiza: 
Programa de radio "Con Vós"
Data: 
08.12.2017
Hora: 
10:30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Campo Galicia
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - (Olivos)
Partido de Vicente López - 1636Buenos Aires
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: