Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Devesos

Listen to this page using ReadSpeaker
119 lecturas

O sábado 6 de abril ás 19:00 h, no local da Sociedad de Instrucción y Recreo “La Devesana” (Devesos - Ortigueira), inaugúrase a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da S.I.R. “La Devesana”, o Concello de Ortigueira e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos/as emigrantes galegos/as. Moi logo prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles/as que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.
  • Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos/as nosos/as emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos/as emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que se presenta.
  • Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos/as emigrantes.

Cartel informativo: Descargar

Datas da exposición: do 6 ao 30 de abril de 2024

Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Devesos
Evento: 
Exposición
Organiza: 
S.I.R. “La Devesana”
Consello da Cultura Galega
Data: 
06.04.2024
30.04.2024
Hora: 
19:00
Lugar:
Sociedad de Instrucción y Recreo “La Devesana”
Lugar Igrexario, 21
San Sebastián dos Devesos - Ortigueira - 15332A Coruña
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: