Resolución concesión: listado de persoas beneficiarias, suplentes e de solicitudes excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2021

Listen to this page using ReadSpeaker
1489 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 200 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior (DOG núm 173, do 8 de setembro): 

Resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG): picar aquí para descargar

1. Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do  30 de agosto (Descargar)

  • Publicación da Resolución do 4 de outubro de 2021, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aceptan as renuncias presentadas no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (picar aquí para descargar)
  • Publicación da Resolución do 14 de octubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de oito Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), co fin de cursar estudos de mestrado que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega, a partir da lista de persoas suplentes (picar aquí para descargar)

2. Listado de persoas suplentes das bolsas que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa, ordenadas segundo a puntuación outorgada, para cubrir as renuncias ou baixas que puideran producirse dalgunha persoa adxudicataria da bolsa, e que constan no Anexo II da Resolución do 30 de agosto (Descargar).

3. Listado de solicitudes denegadas xa que non acadaron unha puntuación que lles permitira continuar no proceso de selección, non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou desistiron da súa solicitude, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da Resolución do 30 de agosto (Descargar).

Contra a Resolución do 30 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
08.09.2021